A exposición ‘Unha vida viquinga’ supera as 50.000 visitas e convértese nunha das de maior afluencia do Museo Gaiás a un mes de pechar as súas portas

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2024

A exposición Unha vida viquinga supera xa as 50.000 visitas desde a súa apertura o pasado mes de xullo na Cidade da Cultura de Galicia. A pouco menos dun mes de pechar as súas portas, esta mostra internacional que exhibe pezas históricas e arqueolóxicas de Suecia, Dinamarca ou Francia sitúase entre as tres máis visitadas da historia do Museo Centro Gaiás, xunto a Faraón, rei de Exipto (2021) e Galicia un relato no mundo (2019-2020).

Galego

López Campos visita o local que cederá para uso cultural ao grupo Traxandaina

Lugo, 14 de decembro de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou en Lugo os traballos de rehabilitación que se están a desenvolver no edificio que a Xunta cederá para uso cultural ao Grupo Etnográfico Traxandaina cumprindo así “co compromiso do Goberno galego para facilitar o desenvolvemento de proxectos que achegan a nosa historia e cultura á sociedade”.

Galego

López Campos enxalza a Acisclo Manzano como “un dos artífices da renovación da arte galega”

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, enxalzou hoxe o escultor Acisclo Manzano como “un dos artífices da renovación da arte galega”. Fíxoo na inauguración da mostra homenaxe no Museo de Pontevedra que percorre, a través de 66 pezas, máis de medio século do seu labor artístico.

Galego

Inés Pintor obtén co seu guión ‘As crechas’ o VI Premio Daniel Domínguez, convocado co apoio da Xunta

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2024

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou hoxe no acto de entrega do Premio Daniel Domínguez á autora galega Inés Pintor polo seu guión de longametraxe de ficción titulado As crechas, gañador da sexta edición deste galardón convocado pola Asociación Sindical Galega de Guionistas co apoio da Xunta de Galicia e da SGAE para potenciar o uso do galego no ámbito audiovisual, promover a autoría na nosa lingua e darlles visibilidade ás súas obras.

Galego

A Xunta presenta un distintivo que reforza a imaxe do Sistema Galego de Centros Museísticos

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo director xeral de cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe a imaxe identificativa do Sistema Galego de Centros Museísticos coa que, explicou, “pretendemos que as entidades integradas neste sistema gocen dun distintivo que as diferencie e as poña en valor”.

Galego

Óscar Rosende e a súa banda tributo a Dire Straits ofrecen un concerto gratuíto o 28 de decembro en Xove co apoio da Xunta

Lugo, 13 de decembro de 2024

Óscar Rosende e a súa banda Great Straits tocarán o 28 de decembro no pavillón de deportes de Xove con entrada gratuíta. O concerto está promovido polo Concello co apoio da Xunta. 

O músico coruñés estivo hoxe na Delegación Territorial do Goberno galego para presentar o concerto xunto co delegado territorial, Javier Arias, e o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro. A actuación comezará ás 22,30 horas.

Galego

A Biblioteca Pública da Xunta en Lugo abre a mostra ‘Toma castaña Galicia’, adicada aos principais soutos e castiñeiros da comunidade

Lugo, 13 de decembro de 2024

A Biblioteca Pública de Lugo, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, inaugurou a mostra Toma castaña Galicia,   que reúne fotografías dalgúns dos soutos e castiñeiros máis coñecidos e destacables da Comunidade.

Galego

A Xunta organiza este sábado unha visita comentada ao túnel romano de Montefurado, en Quiroga

Quiroga (Lugo), 13 de decembro de 2024

A Xunta de Galicia convoca para mañá sábado, a partir das 11.00 horas, unha visita comentada para coñecer a historia e características do túnel romano de Montefurado, en Quiroga.

A participación é totalmente gratuíta e non precisa inscrición previa. As persoas interesadas deberán estar á hora citada no punto de encontro, situado en Covallos -o antigo poboado de Montefurado-, para a continuación desfrutar dunha ruta pola contorna inmediata do túnel que será guiada polo arqueólogo Luis Francisco López González.

Galego

O Museo do Castro de Viladonga celebra a Semana Cultural do Nadal con escolares de 11 colexios da provincia

Lugo, 13 de decembro de 2024

A Xunta de Galicia está a celebrar o Nadal Cultural do Museo do Castro de Viladonga, que na presente edición conta coa participación de 11 colexios da provincia. Desde o martes e ata o próximo luns sucédense os espectáculos e as visitas guiadas, como unha forma lúdica de aproximar aos escolares á historia e á cultura castrexa.

Galego

A Xunta considera “extraordinariamente relevante” a participación do sector do libro e cultura galegas na Feira Internacional do Libro de Guadalaxara

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, cualificou hoxe de “extraordinariamente relevante” a participación do sector do libro e cultura galegas na Feira Internacional do Libro de Guadalaxara (México), onde considerou que “tiraron moi bo proveito da grande oportunidade que supón a asistencia ao evento editorial profesional máis relevante de iberoamérica”.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS