A Xunta recupera o templete de Palacios no Porriño tras investir máis de 260.000 € na súa restauración
O Porriño (Pontevedra), 8 de xaneiro 2025
A Xunta de Galicia acabou os traballos de restauración do templete de San Luis no Porriño, tras un investimento de máis de 260.000 euros para recuperar a obra do arquitecto Antonio Palacios que foi acceso á primeira liña da rede de Metro de Madrid e que se trasladou a este concello pontevedrés no ano 1970. Así o anunciou conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, durante a visita a este ben coincidindo co aniversario do nacemento do urbanista en 1874.
