Anxo Lorenzo enxalza a achega do Arquivo Llanos á memoria colectiva de Galicia
Ribadavia (Ourense), 19 de decembro de 2024
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, enxalzou hoxe “a importante achega á memoria colectiva de Galicia” que supón o Arquivo Llanos, composto polo fondo de imaxes desta coñecida liñaxe de fotógrafos que se conservan no Museo Etnolóxico de Ribadavia. Fíxoo na inauguración neste centro museístico dunha exposición na que se exhibe unha escolma do seu traballo, entre 1897 ata 1970, e que pode verse nestas instalacións ata finais de abril.
