MENTALMORBOSE

Sinopse de Mentalmorbose:
Traxicomedia meta-teatral.
Un dramaturgo con ínfulas existencialistas tratará de convencer a unha das súas ex-parellas para que o axude coa publicación dunha obra teatral. Ela non parece estar interesada, pero demostra saber moito máis sobre a trama do que el pensa. O protagonista desa traxicomedia, Viktor Krikrič, sempre acompañado da súa particular Dulcinea, está experimentando estraños cambios na súa relación coas mulleres que o rodean. Isto vai levalo a querer saber quen é el, e que quere realmente.

Galego

A Xunta celebra o Día do Libro nos hospitais públicos de Ourense

Ourense, 22 abril de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, José Santiago Camba, presentaron hoxe no Hospital Universitario de Ourense as diferentes iniciativas organizadas para promover a lectura entre os pacientes no marco da humanización da asistencia. Trátase dunha actividade coa que a Xunta celebra o Día do Libro, que terá lugar mañá.

Galego

A Xunta conmemora o Día do Libro na Biblioteca Provincial de Lugo cunha variada programación cultural

Lugo, 22 de abril de 2025

A Xunta de Galicia celebra na Biblioteca Provincial de Lugo o Día do Libro, que se conmemora mañá día 23, cunha variada programación cultural para todos os públicos, de acceso libre e gratuíto, que se desenvolverá ata final de mes. Inclúe unha mesa redonda sobre a figura da Marquesa de Parabere, experta en gastronomía e autora de famosos receitarios na primeira metade do pasado século.

Galego

López Campos aborda coa asociación Amicos as vantaxes da nova Lei de cultura inclusiva e accesible para a integración de persoas con discapacidade

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse hoxe con membros da Asociación Amicos de atención e integración de persoas con discapacidade cos que afondou nas vantaxes que para este colectivo supón a nova Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia, que entrou en vigor o pasado mes de xaneiro.

Galego

As bibliotecas galegas celebran o Día do Libro con medio cento de actividades para todos os públicos

Santiago de Compostela, 22 abril de 2025

As bibliotecas públicas xestionadas pola Xunta de Galicia súmanse á celebración de Día do Libro con preto dun cento de propostas que se espallarán desde a mesma data da efeméride, mañá, 23 de abril, ata finais deste mes. A ampla programación está dirixida a todos os públicos e vencellada á promoción e difusión do libro galego. 

Galego

O Centro Dramático Galego e Ítaca Teatro estrean a coprodución ‘Profetas’ en Lugo

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2025

O Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo acolle este xoves 24 de abril a estrea do espectáculo Profetas, a nova coprodución do Centro Dramático Galego e Ítaca Teatro. A función será ás 20,30 horas no marco da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, circuíto cultural impulsado e cofinanciado pola Xunta de Galicia con actividade en máis de 40 escenarios do país.

Galego

A Xunta renova a súa colaboración con COGAMI para seguir impulsando experiencias culturais

A Xunta de Galicia e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade renovarán a súa colaboración para levar a cabo o proxecto En-Red-Arte, unha iniciativa que ten por obxecto facilitar a formación e o acceso á cultura das persoas con diversidade funcional. Así se acordou no Consello de hoxe, que lle deu luz verde á sinatura dun novo convenio ao que o Goberno galego destina 25.000€ para o desenvolvemento desta quinta edición da iniciativa. 

Galego

López Campos recibe os directores galegos de ‘Cafuné’, premio Goya á mellor curtametraxe de animación

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse hoxe con Lorena Ares e Carlos Fernández de Vigo, os directores galegos de Cafuné, premio Goya 2025 á mellor curtametraxe de animación. O responsable de Cultura da Xunta de Galicia felicitounos por este recoñecemento, co que culminan unha sólida traxectoria ao longo da que tamén foron finalistas destes galardóns con outras tres das súas producións.

Galego

A Xunta e a Federación de Librarías de Galicia lanzan o calendario das Feiras do Libro deste ano con 13 citas

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación do calendario das Feiras do Libro de 2025, no que colaboran a Xunta de Galicia e a Federación de Librarías de Galicia. Grazas a el, un total de 13 municipios encherán as súas rúas de libros desde finais de abril ata finais de agosto.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS