López Campos gaba o labor dos reporteiros gráficos galegos que amosan os seus traballos en Madrid

Madrid, 6 de marzo de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou hoxe na Casa de Galicia de Madrid a exposición A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego que, tal e como explicou durante o acto,  “despois de pasar por diversos puntos do noso territorio, chega agora a este centro co apoio da Xunta para amosar por unha banda o gran traballo dos nosos profesionais neste eido, e por outra para falar da nosa terra desde unha perspectiva diferente ”.

Galego

O delegado territorial da Xunta en Ourense informa do anuncio de adxudicación das obras na igrexa de Santa Mariña de Esposende, en Cenlle, nas que a Xunta investirá 168.000 euros

Ourense, 6 de marzo de 2025

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou esta mañá, acompañado da alcaldesa de Cenlle, Rebeca Sotelo, a igrexa de Santa Mariña de Esposende para informala do anuncio de adxudicación das obras para a mellora das condicións de humidade, nas  que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vai investir 168.000€,  cun prazo máximo de execución de 7 meses.

Galego

A Xunta amplía a convocatoria da Residencia literaria da Cidade da Cultura a proxectos de narrativa, teatro e poesía en galego

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2025

A Xunta de Galicia vén de abrir o prazo de inscrición para a V Residencia literaria da Cidade da Cultura, que inicia unha nova etapa baixo a dirección da escritora e xestora cultural, Eva Mejuto. Esta nova convocatoria amplía a súa oferta para acoller, ademais de proxectos de narrativa, propostas teatrais e de poesía inéditos de autoras e autores emerxentes e escritos en galego.

Galego

López Campos enxalza os valores de “galeguismo, pluralismo e tolerancia” da editorial Galaxia “compartidos coa cultura e sociedade galegas”

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, enxalzou hoxe os valores de “galeguismo, pluralismo e tolerancia, que están no xermolo e cerna da Editorial Galaxia e que son compartidos coa sociedade e cultura galegas”. Así o salientou durante a súa participación, en Santiago de Compostela, da inauguración de Crear Porvir, exposición itinerante e conmemorativa do 75 aniversario do nacemento “dunha das institucións máis senlleiras da historia de Galicia”.

Galego

A sede da Xunta en Lugo acollerá este venres un concerto de corais en homenaxe ao pintor Manuel Gulín

Lugo, 5 de marzo de 2025

O salón de actos da Delegación Territorial da Xunta en Lugo acollerá este venres, día 7, un concerto de corais en homenaxe ao pintor Manuel Gulín; comezará ás 20,00 horas e a entrada será libre e gratuíta ata completar aforo. 

Galego

A Xunta convida a reflexionar sobre o acceso da muller á ensinanza artística a través dunha exposición do Arquivo de Galicia

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe na Biblioteca e Arquivo de Galicia a exposición Mulleres artistas: aprendendo o oficio enmarcada na programación do Goberno galego con motivo do Día da Muller, que se celebra o vindeiro 8 de marzo. Trátase dunha mostra coa que se convida a reflexionar sobre o acceso da muller á educación artística e que se poderá visitar na Cidade da Cultura ata finais deste ano. 

Galego

López Campos aborda co director da Fundación Catedral a colaboración en diversos proxectos

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo hoxe unha reunión co director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, para abordar asuntos da súa área, que teñen que ver coa actividade cultural vencellada á institución relixiosa e a posta en valor do seu patrimonio artístico.

Galego

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acollerá o 6 de abril un festival no que actuarán tres coros xuvenís

Lugo, 5 de marzo de 2025

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acollerá o domingo 6 de abril o festival Primaveira de Voces Xoves, no que actuarán os coros xuvenís de Lugo, O Rosal e Campo Lameiro.

O delegado territorial, Javier Arias, reuniuse con Pablo Rico, presidente do Coro Xuvenil lucense e impulsor do evento, para avanzar na organización deste evento e estudar outras posibles colaboracións. As actuacións terán lugar no salón de actos do edificio administrativo a partir das 19.00 horas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS