A Xunta insistirá ao Museo Marès de Barcelona na devolución das esculturas do mosteiro de Carboeiro

Santiago de Compostela, 14 de marzo 2024

A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez, anunciou hoxe que o Goberno galego insistirá ao Museo Frederic Marès de Barcelona para que proceda á devolución das dúas esculturas do mosterio de San Lorenzo de Carboeiro, no concello pontevedrés de Silleda. Así o confirmou en resposta a unha pregunta na comisión 4ª do Parlamento, na que deu conta dos contactos mantidos, con esta fin, coa institución catalá por parte da Administración autonómica.

Galego

A Xunta trae por primeira vez a Galicia á cantante americana Anastacia, con todas as entradas esgotadas no Auditorio Mar de Vigo

Vigo, 14 de marzo de 2025

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presentou este venres no Auditorio Mar de Vigo o concerto que ofrecerá o vindeiro domingo (19:00 horas) a artista americana Anastacia, a súa primeira actuación en Galicia, incluída na programación do Gozo Festival, unha das grandes citas musicais que apoia o Goberno galego a través de ‘Concertos do Xacobeo’, a marca coa que pretende unificar a programación de música, espectáculos e ocio co obxectivo de convertela en atractivo turístico.

Galego

O director e compositor Juan Antonio Cuéllar é elixido xerente do Consorcio de Promoción da Música

A Coruña, 14 de marzo de 2025

O prestixioso director e compositor colombiano Juan Antonio Cuéllar será o novo xerente do Consorcio para a Promoción da Música tras a finalización do proceso de selección no que se elixiu por unanimidade para asumir este posto ao que foi director executivo da Orquesta Sinfónica Nacional e da Asociación Sinfónica Nacional de Colombia. Así, o seu nomeamento farase oficial a vindeira semana na xunta ordinaria da entidade, da que participa a Xunta de Galicia.

Galego

A Xunta e a Galicia Design Week exploran vías de colaboración para ou evento que terá lugar na Coruña do 17 ao 24 de maio

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2025

Ou director *xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e ou director dá Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, *reuníronse *cos promotores dá Galicia *Design Week, Marta González Rivas e Alejandro Rico Caramés, *nunha *primeira *xuntanza para *achegar posibles vías de colaboración entre a Xunta de Galicia e  este evento artístico multidisciplinar que celebrará a *súa sexta edición *na *cidade dá Coruña *do 17 *ao 24 de *maio.

Galego

Concerto de Anabel Montesinos

A guitarrista clásica Anabel Montesinos ofrecerá un concerto de guitarra clásica no que seleccionará algunha das mellores obras do repertorio hispanoamericano. Anabel é unha das figuras máis recoñecidas da guitarra clásica a nivel europeo. Gañou algúns dos concursos máis importantes do mundo desde que obtivera o primeiro premio no prestixioso Francisco Tárrega aos 17 anos. Ten actuado nas salas máis importantes do continente e está promocionando o seu terceiro disco, Alma Llanera. A entrada é libre ata completar as localidades.

Galego

A Xunta considera de “xustiza” que o Goberno central transfira a Galicia a titularidade da Illa de San Simón

Santiago de Compostela, 13 de marzo 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, considerou hoxe de “xustiza” que o Goberno central lle transfira a Galicia a titularidade das illas de San Simón e Santo Antón, “despois de que a Xunta leve máis de 30 anos xestionando, preservando e divulgando” este espazo da provincia de Pontevedra. Así o defendeu en resposta a unha pregunta na comisión 1ª do Parlamento, na que confirmou que a Xunta insistirá nesta petición para que este conxunto sexa “patrimonio de todos os galegos e galegas”.

Galego

A Xunta e a coral da Asociación de Amigos do Camiño promoven un concerto de corais este sábado en Lugo

Lugo, 13 de marzo de 2025

A igrexa lucense de Santiago A Nova acollerá este sábado, 15 de marzo, o XVII Encontro de Corais Camiño de Santiago, promovido pola Xunta e a coral da asociación de Amigos do Camiño da provincia de Lugo.

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, e o presidente do colectivo, Ángel Trabada, presentaron hoxe o concerto na Delegación Territorial. A actuación comezará ás 20,30 horas e contará coa participación do coro da asociación lucense xunto coa coral Voces e Cordas de Sobrado do Bispo, da provincia de Ourense.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS