Escenas do cambio arrinca o próximo xoves con 15 espectáculos para afondar no presente a través da música, a danza, o teatro e as artes vivas
Santiago de Compostela, 4 de maio de 2025
Santiago de Compostela, 4 de maio de 2025
Santiago de Compostela, 3 de maio de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe na inauguración da Feira do Libro de Santiago, a segunda parada do circuíto impulsado pola Xunta de Galicia e a Federación de Librarías de Galicia que este ano chegará a 13 cidades e vilas galegas ata finais do mes de agosto. Instalada no parque da Alameda ata o 11 de maio, a cita contará coa participación dunha vintena de librerías e editoriais e incluirá unha programación composta por máis de 70 actividades.
A Coruña, 3 de maio de 2025
A produtora galega Ainé anunciou hoxe na Coruña a estrea o vindeiro 7 de xuño do seu novo espectáculo teatral, Bibopalula, un musical infantil que levará aos escenarios a serie de animación homónima. A Xunta de Galicia, que xa apoiara a produción audiovisual orixinal, achega preto de 42.000 euros a súa adaptación para as táboas a través da convocatoria anual de subvencións á creación escénica, no marco da que acaba de resolver a concesión de 870.000 euros a 25 novos proxectos galegos de teatro, danza e circo.
Bos Aires, 2 de maio de 2025
Sobrado (A Coruña), 2 de maio de 2025
A Xunta de Galicia acaba de completar os traballos de conservación no mosteiro de Santa María de Sobrado para que sexa legado ás futuras xeracións nas mellores condicións tras un investimento superior aos 2 M€. Así o informou hoxe o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, nunha visita a este conxunto na que estivo acompañado pola directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez.
Data e hora do evento: 5, 7, 9, 14 e 16 de maio ás 20:30 h.
Lugar: Teatro Principal de Pontevedra, Rúa Paio Gómez Charino, 6
Entradas: A entrada é gratuíta ata completar aforo.
As portas abriranse ás 20:00 h.
A Coruña, 30 de abril de 2025
A Filmoteca de Galicia inicia en maio unha retrospectiva arredor do actor italiano Marcelo Mastroianni como parte dunha carteleira na que tamén sobresaen as visitas de dous destacados nomes do actual panorama cinematográfico estatal: Alauda Ruiz de Azúa e Albert Serra.
Chicago (Estados Unidos), 1 de maio de 2025.- A obra Hombre y joven marinero (1929), do poeta e artista Federico García Lorca e pertencente á colección da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, formará parte da exposición internacional The First Homosexuals, que se inaugurará o 2 de maio no prestixioso espazo Wrightwood 659 de Chicago. Trátase dunha mostra que reúne máis de 250 obras que documentan as primeiras representacións artísticas da homosexualidade no panorama internacional posterior a 1869.
A Xunta de Galicia acaba de abrir o proceso de selección para a coprodución dun espectáculo teatral a partir do texto escrito por Santiago Cortegoso como gañador da primeira fase da III Bolsa de Dramaturxia e Creación do Centro Dramático Galego. A dotación destinada a esta convocatoria experimenta un incremento de máis do 65% respecto á edición anterior e pasa a situarse nos 25.000 euros.
Santiago de Compostela, 30 de abril de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, abriu hoxe na Cidade da Cultura de Galicia a xornada formativa Accesibilidade e inclusión: visibilizar, sensibilizar, formar e compartir, organizada pola Xunta de Galicia e a asociación Escena Galega para abordar as boas prácticas e as medidas prioritarias para continuar avanzando no obxectivo común dunhas artes escénicas cada vez máis inclusivas e accesibles.