Rueda enxalza o valor cultural da Arribada de Baiona e reivindica o bo momento do turismo galego

Baiona (Pontevedra), 1 de marzo de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na celebración da XXIX Festa da Arribada de Baiona (Pontevedra), que conmemora a chegada da carabela Pinta, liderada por Martín Alonso Pinzón, ás costas baionesas en 1493. Este episodio considérase a primeira noticia en Europa da chegada da expedición de Colón ao Novo Mundo: “Uns valentes que saíron do sur de España e que fixeron un descubrimento que fixo o mundo cambiase”, afirmou o presidente.

Galego

López Campos anuncia que a Xunta declarará o Entroido como ben de interese cultural “nos vindeiros días”

Xinzo de Limia (Ourense), 27 de febreiro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anunciou hoxe que a Xunta declarará “nos vindeiros días” o Entroido galego como Ben de Interese Cultural. Deste xeito, salientou que unha das tradicións “con maior arraigamento popular” en Galicia pasará a contar coa máxima protección, ”acorde coa súa relevancia no noso patrimonio inmaterial”.

Galego

A Xunta adxudica por case 561.000 euros as obras de restauración da cúpula da igrexa do Colexio do Cardeal de Monforte de Lemos

Monforte de Lemos (Lugo), 27 de febreiro de 2025

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude adxudicou por un orzamento de 560.822 euros as obras de restauración da cúpula da igrexa do Colexio do Cardeal, en Monforte de Lemos.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, visitou hoxe o inmoble, onde anunciou que a resolución acaba de ser publicada na plataforma de contratación pública de Galicia. Unha vez formalizado o contrato, estímase que o prazo de execución será de nove meses.

Galego

A Xunta amosa a capacidade creativa de Galicia no eido das artes dixitais cunha experiencia inmersiva no Gaiás sobre as orixes da vida no planeta

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou hoxe na Cidade da Cultura unha nova instalación inmersiva que combina creatividade e tecnoloxía nunha aposta por achegar ao público galego experiencias innovadoras no eido das artes dixitais. Orixes propón ás persoas visitantes unha viaxe a través da evolución da vida no planeta Terra, ao tempo que promove a conciencia medioambiental, especialmente entre as xeracións máis novas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS