Anxo M. Lorenzo pon en valor o legado xornalístico e literario de Camilo José Cela

Padrón (A Coruña), 11 de abril de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu hoxe á I Xornada Xornalismo e literatura de onte e hoxe, que se celebrou na Fundación Camilo José Cela e onde puxo en valor o legado xornalístico e literario do Nobel galego no marco do L aniversario do seu nomeamento como Socio de Honra da Asociación da Prensa de Madrid.

Galego

A XUNTA DÁ A COÑECER OS 30 ESPECTÁCULOS GALEGOS SELECCIONADOS PARA A 12ª FEIRA ‘GALICIA ESCENA PRO’

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2025.- A Xunta de Galicia acaba de publicar a listaxe dos 30 espectáculos galegos seleccionados para a 12ª edición da feira Galicia Escena PRO, o mercado galego das artes escénicas que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude organiza anualmente xunto coa asociación empresarial Escena Galega.

Galego

O conselleiro de Cultura visita o equipo da nova serie de televisión ‘Marusía’ durante a súa rodaxe en Vigo

Vigo, 10 de abril de 2025

A serie de televisión Marusía. Vientos de honor fílmase estes días no recinto da antiga Escola de Transmisións e Electricidade da Armada, en Vigo, onde o equipo de rodaxe recibiu hoxe a visita do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. A Xunta subvenciona con 300.000 euros a rodaxe en Galicia desta nova produción de Mediaset España, ambientada na Escola Naval Militar de Marín e con diferentes localizacións na provincia de Pontevedra.

Galego

A Xunta de Galicia adxudica 300.000 euros en axudas para a organización de 10 festivais audiovisuais

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2025

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude acaba de resolver a concesión das subvencións da Xunta de Galicia a festivais audiovisuais, mediante as que inviste 300.000 euros na organización de 10 certames estratéxicos para o sector. O obxectivo destas axudas é favorecer a consolidación do circuíto galego de mostras neste ámbito, que destaca especialmente pola gran variedade na súa especialización en xéneros e formatos.

Galego

O Festival de Cannes selecciona por primeira vez en competición oficial dúas películas subvencionadas pola Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2025

O audiovisual galego vén de acadar un novo fito coa selección na sección oficial do Festival de Cannes de dúas películas con participación galega e subvencionadas pola Xunta. Sirat, do galego Oliver Laxe, e Romería, rodada en Galicia pola catalá Carla Simón, serán ademais as únicas producións españolas que competiran este ano pola Palma de Ouro, a máxima distinción do prestixioso certame francés, que desenvolverá a súa 78ª edición do 13 ao 24 de maio.

Galego

A Xunta empregará a capela de Cortegada como centro de recepción de visitantes e punto de difusión cultural tras investir 600.000 euros na súa rehabilitación

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 10 de abril de 2025

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitaron hoxe a illa de Cortegada, onde anunciaron a finalización das obras de rehabilitación integral da capela da Virxe dos Milagres tras un investimento do Executivo galego de 600.000 euros.

Galego

López Campos erixe a cultura como “transmisora de valores sociais e antídoto contra as desigualdades”

A Estrada (Pontevedra), 10 de abril de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, enxalzou hoxe o papel que desenvolve a cultura como “transmisora de valores sociais e antídoto contra as desigualdades”. Así o puxo en valor tras asistir á peza teatral Golpes, unha obra de denuncia dos comportamentos machistas protagonizada por Estíbaliz Veiga e dirixida por Xosé Leis, que se representou no instituto Manuel García Barros da Estrada, á que tamén asistiu o director xeral de Loita contra a violencia de xénero, Roberto Barba.

Galego

Anxo M. Lorenzo salienta a unión de música e patrimonio na XVII edición do ciclo de música relixiosa

Mondariz (Pontevedra), 10 de abril de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación da XVII edición do ciclo de música relixiosa Barcia de Mera, onde fixo fincapé na importancia desta iniciativa na que se mesturan a música e o patrimonio nunha cita que pretende achegar a cultura ao rural e a todos os públicos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS