Corpos - Exposición colectiva

Esta Semana Santa, a Casa das Peritas traerá á aldea de Mallas a obra de cinco artistas que convivirán nunha proposta comisariada por Natasha Lelenco arredor da idea de corpo. Un encontro artístico que conta coa colaboración do Concello de Fisterra e das Bodegas Martín Códax.
PROGRAMA:

Inauguración: Coa presencia de todos os artistas e degustación de viños Martín Códax.

Domingo 13 ás 12:00h.

Títeres Alakrán. Barrigaverde*:

Mércores 16 ás 19:00h. Praza do Campo. Mallas.

Galego

O doente imaxinario

Teatro Terra de Outes, grupo de teatro amador que participa no ciclo que desenvolve desde hai máis de dúas décadas o Concello de Ferrol e que ten como finalidade contribuír a potenciar, desenvolver e estender a afección ao teatro.

Galego

A Xunta destaca o bo facer dos produtores da Denominación de Orixe Rías Baixas na XLIII edición da Exaltación do Viño da Ulla

Vedra (A Coruña), 6 de abril de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participaron esta mañá no pregón da XLIII edición da Exaltación do Viño da Ulla, que se está a celebrar esta fin de semana no concello coruñés de Vedra, onde puxeron en valor o labor que realizan as adegas da subzona vitivinícola Ribeira do Ulla, pertencente á Denominación de Orixe (DO) Rías Baixas.

Galego

Arias destaca que a Xunta destinou 206.800 euros o ano pasado a dez intervencións arqueolóxicas en Lugo, seis delas na Zona Sur

Folgoso do Courel (Lugo), 5 de abril de 2025

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, destacou hoxe en Folgoso do Courel que o Plan autonómico de Intervencións Arqueolóxicas destinou o ano pasado 206.800 euros a impulsar dez actuacións na provincia de Lugo, seis delas na Zona Sur.

Galego

López Campos salienta a proxección internacional da arte galega que irmanda tradición e vangarda

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, salientou hoxe a proxección internacional que está a gozar a arte galega e que atribuíu á capacidade “dos nosos artistas de fusionar con éxito tradición e vangarda”. Fíxoo durante a súa asistencia á inauguración na Galería Dupla, en Santiago de Compostela, da exposición Endless game, do escultor coruñés Diego Cabezas.

Galego

Tres coros xuvenís ofrecen un concerto este domingo na Delegación Territorial da Xunta en Lugo

Lugo, 4 de abril de 2025

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acollerá este domingo, 6 de abril, o festival Primavera de Voces Xoves, organizado polo Coro Xuvenil de Lugo. Actuará esta agrupación xunto cos coros xuvenís Amdor -da Agrupación Musical do Rosal- e Diamond -de Campo Lameiro -.

O delegado territorial, Javier Arias, e o presidente do Coro Xuvenil lucense, Pablo Rico, explicaron hoxe que o concerto comezará ás 19,00 horas no Salón de Actos, con entrada gratuíta.

Galego

A Xunta inviste preto de 50.000 euros en axudas á contratación de artistas e bandas galegas en cinco festivais de música

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2025

A Xunta acaba de facer pública a concesión de preto de 50.000 euros en axudas a cinco festivais de música, destinadas especificamente á contratación de bandas ou solistas de Galicia. O Ateneo Barroco de Santiago de Compostela, Beatout Fest da Coruña, Encordass Fiddle Fest na illa de San Simón de Redondela, Murallón de Son en Silleda e The Wild Fest de Vigo son as citas subvencionadas, que abranguen moi diferentes estilos e públicos.

Galego

Ana Ortiz e Eugenia Pérez asisten á IX gala dos Premios Ostras de Pedra do CIFP Audiovisual de Vigo

Vigo, 3 de abril de 2025

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e a directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, asistiron este xoves á gala das Ostras de Pedra que organiza o CIFP Audiovisual de Vigo, en Bouzas, na que se premia a creatividade dos alumnos de segundo curso cunha mostra dos seus mellores documentais. A cita foi tamén unha oportunidade para proxectar os traballos seleccionados e reflexionar sobre o percorrido dos estudantes a través dos ciclos de Produción, Realización, Son e Imaxe.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS