O prestixioso informe da Fundación Contemporánea elixe o Gaiás como insignia da cultura galega en 2024

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2025

A Cidade da Cultura acaba de ser elixida como insignia da cultura galega en 2024 polo Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea, un prestixioso informe elaborado coas valoracións de máis de 400 expertos e profesionais de toda España que mantén a Galicia, repetindo o posto do 2023, como a sexta comunidade pola calidade e innovación da súa oferta. Trátase dun recoñecemento que foi entregado hoxe en Málaga á directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez. 

Galego

A Xunta inicia en Vigo a programación conmemorativa do ‘Ano Castelao’ nos centros escolares

Vigo, 29 de xaneiro de 2025

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participaron hoxe no instituto Castelao de Vigo nunha das primeiras programacións escolares, impulsadas co apoio da Xunta de Galicia para festexar o Ano Castelao, coincidindo co 75 aniversario do pasamento deste intelectual galeguista.

Galego

Anxo M. Lorenzo celebra os dous primeiros anos de ‘A Furgoteca’ que suma xa 29.000 préstamos e 24.000 visitantes

Verea (Ourense), 28 de xaneiro de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou hoxe no municipio ourensán de Verea a nova A Furgoteca, que desde este mes percorre a área occidental da provincia de Ourense. Fíxoo con motivo do Día das bibliotecas móbiles, onde celebrou que nos dous primeiros anos de funcionamento, este servizo, que contou neste tempo co dúas liñas, sumou un total de 29.000 préstamos e 24.000 visitantes.

Galego

Belén do Campo informa do compromiso da Xunta coas dotacións culturais locais a través de dúas axudas para actividades de fomento da lectura e para mellorar os seus fondos

Carballo  (A Coruña), 28 de xaneiro  2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo director territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Severino Álvarez, visitou a biblioteca municipal Rego da Balsa de Carballo,  para informar de dúas ordes de axudas que están abertas, nestes momento,s para apoiar as dotacións culturais locais, concretamente ás bibliotecas e ás axencias de lectura. Este centro cultural foi beneficiario de ambas axudas por un importe de máis de 8.000 euros o ano pasado.

Galego

Abano Producións ultima na Coruña co apoio da Xunta a longa de animación ‘Decorado’, do premiado Alberto Vázquez

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2025

A agardada terceira nova longametraxe de animación do cineasta e ilustrador coruñés Alberto Vázquez encara a recta final dos traballos de produción cara á súa estrea neste ano 2025. A compañía galega Abano Producións volve compartir camiño coa vasca UniKo nun novo traballo deste premiado director, para o que conta cunha subvención de 260.000 euros da Xunta na convocatoria de 2023 para produción e coprodución de proxectos audiovisuais.

Galego

A Xunta leva a catálogo a exposición do Arquivo de Galicia sobre o valor da cultura na saúde mental e na inclusión

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe o catálogo da mostra Mentes no labirinto que, entre o 7 de xuño e o 17 de outubro do pasado ano, exhibiu o Arquivo de Galicia para pór en valor o papel da cultura na saúde mental e na inclusión. Precisamente, encadrou este tipo de actividades e propostas dentro da liña de traballo da nova Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia.

Galego

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia nomea a historiadora da arte e xestora cultural Verónica Santos nova directora de Acción cultural

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2025

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia acaba de nomear a Verónica Santos Farto (Paredes-Vilaboa, Pontevedra-1973) directora de Acción Cultural. A designación, que se publicará no Diario Oficial de Galicia nos próximos días, prodúcese tras obter a maior valoración nun proceso de selección convocado pola Fundación, suxeito aos principios de transparencia, igualdade, mérito e capacidade.

Galego

A Xunta recoñece a contribución do Real Coro Toxos e Froles á promoción da cultura e tradicións galegas no 110 aniversario da súa fundación

Ferrol, 25 de xaneiro de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta tarde ao festival 110 anos Cantando, co que o Real Coro Toxos e Froles conmemorou os 110 anos da publicación dos seus estatutos fundacionais.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS