A Xunta remite a documentación definitiva da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

Madrid, 22 de xaneiro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anunciou hoxe en Fitur, que a Xunta xa ten entregada toda a documentación definitiva da candidatura da Ribeira Sacra: Paisaxe da auga a Patrimonio Mundial. Fíxoo nunha presentación no expositor de Galicia na Feira Internacional de Turismo xunto co Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

Galego

A Xunta pon en valor a riqueza histórica e monumental do patrimonio señorial de Galicia

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2025

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, puxo en valor hoxe a “riqueza histórica, monumental e documental” que acubilla o patrimonio señorial de Galicia, “tamén en materia de léxico e toponimia”. Así o salientou na inauguración no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, da exposición itinerante Os nosos castelos: San Paio de Narla e os seus señores.

Galego

A Rede Galega de Teatros e Auditorios ofrece 31 actuacións escénicas na Coruña co apoio da Xunta

A Coruña, 22 de xaneiro de 2025

A Rede Galega de Teatros e Auditorios, circuíto de espectáculos impulsado pola Xunta e confinanciado cos máis de 40 concellos galegos asociados, ofrecerá ata o mes de maio un total de  31 funcións de 22 espectáculos de teatro e danza na cidade da Coruña. O Teatro Rosalía Castro, o Fórum Metropolitano e o Centro Ágora son os tres espazos onde se desenvolverá a programación para o primeiro semestre de 2025

Galego

Negreira incorpora o Auditorio Afonso Eanes do Cotón á Rede Galega de Teatros e Auditorios coa programación de cinco espectáculos

Negreira (A Coruña), 17 de xaneiro de 2025

O Auditorio Afonso Eanes do Cotón estréase a próxima fin de semana como escenario da Rede Galega de Teatros e Auditorios coa peza de Talía Teatro Unha inimiga do pobo, que se representará o sábado 25 de xaneiro ás 21,00 horas. O Concello de Negreira incorpórase así ao circuíto de espectáculos promovido polo Goberno galego en colaboración coas entidades locais asociadas, cunha programación que levará á vila durante os próximos meses outras catro propostas escénicas producidas en Galicia.

Galego

O Conservatorio de música de Lugo, dependente da Xunta, acolle o luns un evento de música e danza

Lugo, 17 de xaneiro de 2025

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou hoxe na presentación do concerto ‘Minimalismo, Ensemble de clarinetes e danza’, que acollerá o próximo luns 20 de xaneiro o auditorio do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo. No acto estiveron tamén o director deste centro, Borja Durán, e a directora do Conservatorio Profesional da Danza, Cristina Lata. 

Galego

López Campos enxalza o relevante labor da Fundación Camilo José Cela na dinamización cultural de Galicia

Padrón (A Coruña), 17 de xaneiro de 2015

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, enxalzou hoxe o “relevante labor” da Fundación Pública Camilo José Cela “na dinamización cultural de Galicia”. Fíxoo durante a súa intervención na xuntanza ordinaria do Padroado desta institución, na súa sede en Iria Flavia, tras participar na ofrenda floral co gallo do 23 cabodano do pasamento do escritor padronés.

Galego

A Xunta afronta con “boas expectativas” a recta final da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

Murcia, 17 de xaneiro de 2025

A Xunta de Galicia afronta con “boas expectativas” a recta final da candidatura da Ribeira Sacra: Paisaxe da auga para ser recoñecida como Patrimonio Mundial da Unesco en 2026. Así o asegurou a directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez, na súa participación hoxe no Consello do Patrimonio Histórico, que se está celebrar durante estes días na cidade de Murcia.

Galego

Ana Ortiz e Anxo M. Lorenzo animan á cidadanía a asistir ao VII Certame de Rondallas da Área de Vigo que reunirá no Ifevi a 14 agrupacións

Vigo, 17 de xaneiro de 2025

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitaron este venres as instalacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) no que se celebrará mañá (17:00 horas) o VII Certame de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo coa participación de 14 agrupacións procedentes de Vigo, Mos, O Porriño, Gondomar, Nigrán e Tui.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS