A participación do Centro Dramático no proxecto europeo Phōnē incide na proxección exterior do teatro galego a través dun centenar de accións

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2025.- O Centro Dramático Galego pecha a súa participación no proxecto europeo Phōnē despois de ter intervido nun cento de accións escénicas a prol da diversidade lingüística e cultural de Europa, que serviron igualmente para impulsar a proxección exterior do noso teatro e artistas.

Galego

O fondo da Xunta para a atracción de rodaxes distribúe 2M€ entre sete novas películas e series con Galicia como escenario

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2025

A Xunta de Galicia acaba de publicar as últimas concesións ao abeiro da convocatoria de 2024 do seu fondo para a atracción de rodaxes, que impulsa con 2.000.000 euros a filmación de sete novas películas e series en diferentes localizacións galegas. Tres dos títulos subvencionados finalizaron xa a súa filmación no segundo semestre do ano pasado, mentres que as catro restantes a teñen prevista ao longo de 2025.

Galego

A Xunta realizou 130 actuacións patrimoniais durante o ano 2024 cun investimento de case 13 M€

Portas (Pontevedra), 3 de xaneiro 2025

A Xunta destinou 13 M€ a actuacións sobre o patrimonio durante o ano 2024, tanto no que se refire a intervencións arqueolóxicas como arquitectónicas. Así o indicou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, durante unha visita á igrexa parroquial de San Pedro de Lantaño, na localidade pontevedresa de Portas, onde nos vindeiros meses se levará a cabo a restauración do retablo maior coa financiación do Goberno galego.

Galego

Arias felicita á directora e actriz Carmen Méndez polos novos éxitos da súa curtametraxe ‘Pura’

Lugo, 27 de decembro de 2024

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, recibiu esta mañá á actriz e directora Carmen Méndez, natural de Neira de Rei (Baralla), á que felicitou polos novos éxitos que vén de conseguir coa súa primeira curtametraxe, ‘Pura’, que se fixo con tres galardóns na trixésimo sexta edición do Aguilar Film Festival.

Galego

A Delegación da Xunta en Lugo acolle unha mostra coas 14 obras presentadas ao certame galego de arte ‘José Domínguez Guizán’

Lugo, 27 de decembro de 2024

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a reunión do xurado do XXXV Certame Galego de Arte ‘José Domínguez Guizán’, coincidindo coa inauguración da exposición que amosa as 14 obras presentadas ao concurso, organizado ao abeiro da convocatoria O Nadal en Begonte.

Galego

A Xunta dirixe unha nova liña de axudas ao sector musical para apoiar de xeito integral ás carreiras de artistas e grupos

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2024

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases dunha nova liña de subvencións para proxectos de creación, produción, promoción e difusión musical, a través da que se investirán 150.000 euros no apoio de xeito integral ás carreiras de artistas e grupos que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.

Galego

Vaca Films remata a gravación da longametraxe ‘Dímelo bajito’, rodada en Galicia co apoio da Xunta

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2024

A produtora coruñesa Vaca Films rematou en Galicia a gravación da película Dímelo bajito, despois de sete semanas de traballo en diferentes espazos da Coruña e Lugo que serven de localizacións para esta longametraxe producida para a plataforma Prime Video e que conta cunha achega de 300.000 euros do fondo de atracción de rodaxes convocado pola Xunta.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS