Belén do Campo anima aos alcaldes a solicitar as axudas para equipación e mellora das súas instalacións culturais
O Pino (A Coruña), 14 de marzo de 2025
O Pino (A Coruña), 14 de marzo de 2025
Vigo, 14 de marzo de 2025
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presentou este venres no Auditorio Mar de Vigo o concerto que ofrecerá o vindeiro domingo (19:00 horas) a artista americana Anastacia, a súa primeira actuación en Galicia, incluída na programación do Gozo Festival, unha das grandes citas musicais que apoia o Goberno galego a través de ‘Concertos do Xacobeo’, a marca coa que pretende unificar a programación de música, espectáculos e ocio co obxectivo de convertela en atractivo turístico.
A Coruña, 14 de marzo de 2025
O prestixioso director e compositor colombiano Juan Antonio Cuéllar será o novo xerente do Consorcio para a Promoción da Música tras a finalización do proceso de selección no que se elixiu por unanimidade para asumir este posto ao que foi director executivo da Orquesta Sinfónica Nacional e da Asociación Sinfónica Nacional de Colombia. Así, o seu nomeamento farase oficial a vindeira semana na xunta ordinaria da entidade, da que participa a Xunta de Galicia.
Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2025
Ou director *xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e ou director dá Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, *reuníronse *cos promotores dá Galicia *Design Week, Marta González Rivas e Alejandro Rico Caramés, *nunha *primeira *xuntanza para *achegar posibles vías de colaboración entre a Xunta de Galicia e este evento artístico multidisciplinar que celebrará a *súa sexta edición *na *cidade dá Coruña *do 17 *ao 24 de *maio.
Vigo, 13 de marzo de 2025
A guitarrista clásica Anabel Montesinos ofrecerá un concerto de guitarra clásica no que seleccionará algunha das mellores obras do repertorio hispanoamericano. Anabel é unha das figuras máis recoñecidas da guitarra clásica a nivel europeo. Gañou algúns dos concursos máis importantes do mundo desde que obtivera o primeiro premio no prestixioso Francisco Tárrega aos 17 anos. Ten actuado nas salas máis importantes do continente e está promocionando o seu terceiro disco, Alma Llanera. A entrada é libre ata completar as localidades.
Santiago de Compostela, 13 de marzo 2024
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, considerou hoxe de “xustiza” que o Goberno central lle transfira a Galicia a titularidade das illas de San Simón e Santo Antón, “despois de que a Xunta leve máis de 30 anos xestionando, preservando e divulgando” este espazo da provincia de Pontevedra. Así o defendeu en resposta a unha pregunta na comisión 1ª do Parlamento, na que confirmou que a Xunta insistirá nesta petición para que este conxunto sexa “patrimonio de todos os galegos e galegas”.
Lugo, 13 de marzo de 2025
A igrexa lucense de Santiago A Nova acollerá este sábado, 15 de marzo, o XVII Encontro de Corais Camiño de Santiago, promovido pola Xunta e a coral da asociación de Amigos do Camiño da provincia de Lugo.
O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, e o presidente do colectivo, Ángel Trabada, presentaron hoxe o concerto na Delegación Territorial. A actuación comezará ás 20,30 horas e contará coa participación do coro da asociación lucense xunto coa coral Voces e Cordas de Sobrado do Bispo, da provincia de Ourense.
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2025
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e a presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego, Concha Losada, asinaron hoxe un novo convenio de colaboración co que a Xunta reafirma o seu compromiso con esta entidade a través dunha nova achega de máis de 500.000€. O Goberno galego aumenta así un 11% a súa colaboración, posibilitando que se continúe coa museografía das novas salas de Historia de Galicia, así como levar a cabo tarefas de conservación e acondicionamento.