Arquivo Territorial da Xunta de Galicia en Vigo

O Arquivo Territorial nace como un servizo común para recoller os documentos dos diferentes departamentos da Administración periférica da Xunta de Galicia en Vigo. Depende organicamente da Delegación Territorial de Pontevedra, Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra e funcionalmente da Subdirección Xeral de Arquivos, dentro da Secretaría Xeral de Cultura.

Ten a súa sede no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo. Dispón dun total de 7.100 m de andeis e ofrece servizo de préstamo e consulta ás unidades que xeraron a documentación.