Evento: Achégate ao Salón: Alice Wonder

Achégate ao Salón: Alice Wonder
domingo, 12 marzo, 2023 - 12:30
Salón García,
Vilagarcía de Arousa

Achégate ao Salón: Alice Wonder

Concerto de indie pop.

Alice Wonder é o claro exemplo da chegada dun cambio xeracional musical. Con apenas 24 anos, a artista e compositora, irrompeu con forza na escena musical cunha madurez artística que pode chegar a asustar aos máis veteranos.

As redes sociais foron o trampolín aos seus 18 anos para dar o pistoletazo de saída a todo o que ía suceder posteriormente. O seu EP debut Take off acumulou varios millóns de reproducións no single homónimo. Despois chegaría Firekid, o seu disco debut no que a precocidade musical da artista brillou máis que nunca nos 11 temas en inglés que o compoñen, chegando a facer sold out en moitas cidades da xeografía española e dando sonoridade a producións audiovisuais como Skam, El Desorden Que Imaginas e a mítica serie australiana Neighbours entre outras.

  • Alice Wonder - Yo Quisiera (Official Videolyric)

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto
18 de xullo
Campo do Souto
Homenaxe á música latina
18 de xullo
Praza do Concello
Quitar o aire
19 de xullo
Ponte Maceira