Evento: O pequeno Nicolás
O pequeno Nicolás
O pequeno Nicolás
Proxección da película francesa de Amandine Fredon e Benjamin Massoubre.
Debruzados sobre un gran folio en branco nalgún lugar entre Montmartre e Saint-Germain-des-Prés, Jean-Jacques Sempé e René Goscinny (creador de Asterix) dan vida a O pequeno Nicolás, un neno ledo e falcatrueiro. A súa é unha infancia alegre, chea de xogos, diversión, bromas, aprendizaxe, complicidade, pelexas e castigos. O pequeno Nicolás lévanos ao estudio dos seus creadores, onde fala con eles de forma distendida. Sempé e Goscinny cóntanlle como se coñeceron e se fixeron amigos, e tamén responden a preguntas sobre a súa carreira, a súa infancia e as súas ambicións.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual