Evento: Gran Gala Internacional de Maxia- Ourense é Maxia 2022

Gran Gala Internacional de Maxia- Ourense é Maxia 2022
sábado, 17 decembro, 2022 - 19:00
Auditorio Municipal de Ourense,
Ourense

Gran Gala Internacional de Maxia- Ourense é Maxia 2022

Espectáculo de maxia.

Os mellores meigos do mundo veñen a Ourense este Nadal para actuar nun espectáculo que che deixará coa boca aberta e con ganas de máis e máis maxia!!

Catro meigos de talla internacional, presentados polo cómico e actor Luís Larrodera, farán as delicias de nenos e adultos este 17 de decembro no auditorio municipal.

David Diaz, posuidor de diversos premios internacionais en Francia, España e Portugal e finalista de Pura Maxia en Televisión Española.

Naife, mago manipulador, gañador de varios premios nacionais de maxia, presenta un número único no mundo, cunha temática e técnicas exclusivas.

O dúo Kybalion, desde Arxentina e Rusia: un dúo que actuou en máis de 20 países obtendo algúns dos premios máis importantes a nivel internacional.
 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas e o gran reto
28 de xullo
Edificio Cultural A Senra
Os Bolechas e o gran reto
1 de agosto
Praza do Floreal
poesia_enriba_2025_cartel
Poesía EnRiba
1 de agosto
Museo Etnolóxico de Ribadavia
poesia_enriba_2025_cartel
Poesía EnRiba
2 de agosto
Museo Etnolóxico de Ribadavia