Evento: Arantxa Treus

Arantxa Treus
domingo, 18 decembro, 2022 - 20:00
Auditorio Municipal,
Redondela

Arantxa Treus

Espectáculo de humor.

Arantxa Treus é unha actriz galega e natural de Vigo. Teatro, cinema e televisión son as diferentes disciplinas que intercala sen ningún problema coa súa faceta de humorista. No seu monólogo Sexo Débil O Carallo contaranos sen andrómenas algunhas das súas vivencias e anécdotas, da súa propia vida e a dos demais. Un divertido monólogo no que mostrará a súa faceta máis cómica.

Ao longo da súa longa carreira profesional participou en numerosos traballos de humor e comedia por exemplo: Non é país para conas, Monstruación, unha comedia monstruosa. En canto reporteira participou en programas do tipo Quérote tanto da Tvg. co-presenta o programa Sábeo todo Vigo de Localia Tv. Ademais participou como actriz en series como Gondar, Serramoura ou a última serie de Fariña.. 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas e o gran reto
18 de xullo
Praza Juan Salgueiro
Os Bolechas e o gran reto
19 de xullo
Peirao de Arcade
Os Bolechas e o gran reto
23 de xullo
Campo da Feira
A xira do cuarto de século
24 de xullo
Campo do Souto