Evento: Facu Díaz- Pudriuse todo

Facu Díaz- Pudriuse todo
xoves, 13 abril, 2023 - 20:30
Teatro Afundación Vigo,
Vigo

Facu Díaz- Pudriuse todo

Espectáculo de humor.

Facu Díaz volve actuar cinco anos despois do seu último show en solitario. O mozo e extremadamente talentoso cómico, coñecido por escribir persoalmente as sinopses dos seus espectáculos, volve á estrada cun monólogo cargado de observacións que achegan entre cero e nada, propias dunha persoa con moito tempo libre. Cambio climático, crises internacionais, pandemias, extremismos, e demais cuestións que atormentan á maioría dos mortais parecen ser os ingredientes que utiliza o comediante uruguaio para este show. Imprudencia? Seguramente Frivolidade? Desde logo que si. Ánimos de polemizar e conseguir outro proceso xudicial para chamar a atención? O certo é que seguramente o estea desexando.

"É o show ao que lle dediquei máis tempo e preparación" asegura o humorista en declaracións a si mesmo. "podreceu todo" é unha radiografía nesgada, imprecisa e deformada da realidade. De conformidade co establecido na normativa 420/1312 relativa ás sinopses de espectáculos humorísticos, finalízase este texto co obrigatorio "Valo perder?"

Máis eventos de tipo Espectáculo

Dende Rosalía ata as cantareiras: as mulleres nas Letras
16 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contamaxias: maxia divertida
31 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés