Evento: Walter César
Walter César
Walter César
Concerto do cantautor uruguaio.
O cantautor Walter César fará un repaso por algúns dos seus temas máis coñecidos nun concerto acústico en Matamá. Cancións sempre marcadas polo seu contido social e revolucionario, ademais dun repaso pola cultura do Uruguai, cancións cheas de historias para cantalas entre as que se atopan versións de Zitarrosa, O sabalero, os Olimareños ou Viglietti entre outros.
Compositor, músico e poeta. Nacido en Montevideo, Uruguai, residente en España desde hai máis de 30 anos. Un loitador incansable polos dereitos dos máis necesitados. Un soñador namorado da vida. Os seus contos, versos e poemas reflicten o sentimento dun viaxeiro polo mundo.
Ligazóns