Evento: Cineuropa 2022 - Trenque Lauquen
Cineuropa 2022 - Trenque Lauquen
Cineuropa 2022 - Trenque Lauquen
Proxección da película de Laura Citarella.
Unha muller desaparece. Dous homes saen na súa procura: ambos os dous a aman. Por que marchou? Cada un deles ten a súa propia sospeita e ocúltalla ao outro que —misteriosamente— nunca chega a ser o seu rival. Ningún ten razón, pero, alguén tena? Esa fuxida de súpeto revélase como a cerna secreta dunha serie de ficcións que o filme, sutilmente, se encarga de tecer: o segredo do corazón doutra muller, perdida tamén hai xa unha morea de anos; o segredo da vida dunha aldea sacudida por un acontecemento sobrenatural que ninguén semella percibir; o segredo da chaira, que non deixa de espallarse devorándoo todo, como as sombras que asolagan o mundo despois do solpor.
Ligazóns