Evento: Feira do Libro en Santiago

Feira do Libro en Santiago
venres, 1 maio, 2015 a domingo, 10 maio, 2015
Paseo Central da Alameda,
Santiago de Compostela

Feira do Libro en Santiago

Cita cos libros, autores e a cultura, en xeral

As Feiras do Libro de Galicia 2015 iniciarán en abril un percorrido polas catro provincias galegas que as leva ata o mes de agosto por Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Vigo, Ribeira, A Coruña, Viveiro, Foz e Monforte de Lemos.

Baixo o lema ‘A historia en letras’, en alusión ao historiador e escritor Xosé Filgueira Valverde, homenaxeado este ano coas Letras Galegas, a Federación de Librarías de Galicia e Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promoven estes espazos de encontro anuais da cidadanía cos libros e lectura, cos autores e autoras, cos libreiros e libreiras, e, en xeral, coa cultura.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello
Toponimízate 2025
2 de outubro
Casa das Letras - Biblioteca municipal