Evento: Alejandro Viana, un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos

Alejandro Viana, un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos
mércores, 12 outubro, 2022 - 19:00
Auditorio Municipal,
Nigrán

Alejandro Viana, un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos

Presentación do libro de Roberto Mera.

Na Europa ocupada polos nazis miles de exiliados republicanos españois devecían por chegar a América para salvar as súas vidas. Entre eles atopábase Alejandro Viana Esperón (Ponteareas, 1877 - México DF, 1952), deputado republicano de esquerdas ao que ben se podería alcumar como o Schindler galego.

Á fronte de varias organizacións humanitarias, entre elas o Ser­vicio de Evacuación de Refugiados Españoles, Alejandro Via­na organizou dende Francia a saída de miles de refuxiados nunha trintena de expedicións marítimas colectivas a distintos países de América, na súa maioría a México.

Cos alemáns en Francia, Viana arriscou a súa vida para continuar axudando os exiliados até que, acosado pola Falange e a Gestapo, emprendeu en 1941 unha desesperada fuxida. Logo de once meses de anguriante viaxe por África, logrou chegar a México. Alí reencontrouse tempo despois coa súa dona, tras once anos de separación, e viviu coa certeza de que xamais podería retornar á súa terra.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello
Toponimízate 2025
2 de outubro
Casa das Letras - Biblioteca municipal