Evento: Xincana: detectives de misterios na biblioteca

Xincana: detectives de misterios na biblioteca
xoves, 20 outubro, 2022 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Xincana: detectives de misterios na biblioteca

A cargo de Anias

Esta actividade converterá ás nenas e nenos participantes en detectives que terán que buscar unha mensaxe oculta pola biblioteca que servirá para resolver un misterio.

Para isto realizarán unha visita guiada a través dunha dinámica lúdica e sinalarán nun plano as diferentes zonas que a compoñen. Farán tamén de bibliotecarios/as realizando labores propias destes/as profesionais a través de xogos que lles permitan entender o funcionamento da procura e préstamo de libros. E por último resolverán o enigma a través dunha xincana. Dirixido a nenas e nenos de 7 a 12 anos cun máximo de 15 participantes.

As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2024-25
3 de outubro a 29 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
Música en familia para bebés
11 de marzo a 17 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Fonte: Cortesía de Pablo Quintana na web da RAG
Día das Letras Galegas 2025
5 de maio a 31 de maio
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel