Evento: Canco Rodríguez: O rock and roll morreu
Canco Rodríguez: O rock and roll morreu
O rock and roll morreu é unha viaxe a través da historia do rock and roll e da propia vida do actor, cargado de anécdotas, humor, paixón e lendas da música.
O show ofrécenos un interesante e divertido percorrido desde 1950, coa aparición deste xénero, ata os nosos días? década a década? Sen dúbida, unha experiencia na que descobres, aprendes, conectas e ris sen darche conta. Canco Rodríguez, exercendo de mestre de cerimonias, lembrará a figura do rock and roll desde as súas orixes en EEUU ata as súas últimas rabexadas nun portal de Malasaña. Estará no certo? Realmente estaremos ante a despedida do Rock and Roll?
Con divertidos vídeos, insólitas fotografías, anécdotas incribles e moita música, Canco levaranos da man non só para falarnos de música, tamén da súa propia vida persoal como actor desde os seus comezos ata os seus últimos éxitos televisivos.