Evento: C@nto contigo

Aprazado
C@nto contigo
domingo, 4 decembro, 2022 - 17:30
domingo, 4 decembro, 2022 - 17:30
Praza do Concello,
Pazos de Borbén

C@nto contigo

Música, baile e risas para sacar a lingua a voar

C@nto contigo” é un espectáculo onde a música, o baile e as risas farán que saquemos a nosa lingua a voar, achegando o galego á xente miúda e ás súas familias de xeito lúdico e divertido. Retrousos e cancións para participar activamente, bailando sen complexos, acompañando coa voz, coas palmas ou con acenos. Un percorrido por cancións da súa traxectoria percorrendo un amplo abano de estilos musicais , dende o techno ao rock, aínda que sen esquecer as influencias tradicionais. Convértese así, nunha oportunidade de cantar con amigos e amigas nun concerto onde a música e o humor transformará a túa escola, biblioteca, auditorio, rúa, praza, vila, aldea… nunha festa moi especial onde ti es protagonista.

Máis eventos do ciclo FalaRedes

Pelica de burra
23 de maio, 18:30
Biblioteca municipal - Ponteceso - A Coruña
Fala, fala, falangueira
23 de maio, 19:00
Auditorio Municipal - Ribadumia - Pontevedra
Castelao, un corazón á intemperie
23 de maio, 19:00
Malecón (en caso de chuviano Teatro Lauro Olmo) - O Barco de Valdeorras - Ourense
Pelica de burra
24 de maio, 11:00
Centro Cultural A Pontevella - Teo - A Coruña