Evento: A mamá e a puta
A mamá e a puta
A mamá e a puta
Proxección da película francesa de Jean Eustache.
Alexandre é un mozo burgués cínico e egoísta que viven en París. Atópase nunha fase nihilista da súa existencia: non estuda, non traballa e apenas se interesa polos libros ou pola música. O único que lle interesa son as mulleres e, ademais, vive a conta delas. Pouco a pouco vai formando con Marie e Veronika, a pesar da inicial resistencia de ambas, un atípico 'menage à trois" que, para el, é absolutamente satisfactorio porque representa un equilibrio entre o sexual, o maternal e o material. Ao mesmo tempo, é capaz de manterse á marxe dos sentimentos de frustración ou malestar que a súa conduta pode provocar nas súas amantes.
Ligazóns