Evento: Bombo A Negras / XL2

Bombo A Negras / XL2
sábado, 1 outubro, 2022 - 23:30
Sala Malatesta,
Santiago de Compostela

Bombo A Negras / XL2

Colectivo dedicado á creación e difusión de música electrónica e urbana.

Bombo A Negras é un colectivo dedicado á produción de eventos, centrado na creación e difusión de espazos de música electrónica e urbana. Nace coa intención de completar e enriquecer a escena clubbing da cidade, un nicho de gran potencial na actualidade que ampara a múltiples disciplinas e proxectos culturais. Parte da intención de xerar unha nova experiencia musical en vivo, dando acubillo a modos de creación alternativos e particulares. Nun inicio, comeza con eventos de pequeno formato semanais que paulatinamente van crecendo tanto en público como en número de artistas participantes, sen abandonar as inquietudes da orixe underground do proxecto. Actualmente conta cunha programación continuada na que teñen cabida tanto djs como ao vivo sets de artistas emerxentes e consolidados do panorama local, nacional e internacional. Igualmente BOMBO A NEGRAS pretende ser un catalizador creativo para a difusión de proxectos multidisciplinares e inclusivos. Neste sentido, abarca non só o ámbito musical, senón tamén as sinerxias xurdidas entre artistas e público, mediante a creación de canles que permitan que estas permanezan no tempo.

Máis eventos de tipo Concerto

Vilablues Fest
15 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto musical a cargo de Francisco Castro
16 de maio
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Rebeliom do Inframundo
16 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto do Coro Xuvenil de Lugo
16 de maio
Biblioteca Pública de Lugo