Evento: Os 4 músicos de Bremen
Os 4 músicos de Bremen
A aventura empeza nun curral, Koky, un galo amante da música pasa as noites bailando. Ao amencer, adormece e non canta. Perseguido polo granxeiro, Koky foxe da granxa.
Pouco despois, atopa un pequeno asno (Tonto), inxenuo e boíño a quen a súa ama trata cruelmente. Koky convence a Tonto para que se vaia con el a correr aventuras. Os dous amigos traban amizade con Lupo, o can dun músico ambulante. Lupo ten inquietudes musicais e desexa formar un conxunto para participar nun concurso que se vai realizar en Bremen. Cansado da vida que lle dá o seu amo, Lupo únese a Koky e a Tonto. Os tres diríxense a Bremen, pero sorpréndeos a noite. Nun caserón de aspecto misterioso buscan acubillo e alí coñecen a Burlón, un gato vagabundo. Entre tanto, uns ladróns róubanlle ao burgomaestre da cidade o premio do concurso.
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual