Evento: ValMiñor Fest

ValMiñor Fest
xoves, 18 agosto, 2022 a domingo, 21 agosto, 2022
Ramallosa,
Nigrán

ValMiñor Fest

Festival de concertos, xogos e bebidas.

As principais marcas de cervexa artesana de toda España volven a protagonizar desde este xoves 18 de agosto e ata o domingo 21 na Alameda de A Ramallosa (Nigrán) o ‘Val Miñor Fest’, o primeiro festival deste tipo de toda a comarca e que reunirá a cifra record de 90 tipos de bebidas. A gran novidade desta sexta edición é a volta ao formato pre-pandemia con zona de xogos populares, concertos a diario, obradoiros, sesións beer-mú e food-trucks. O evento, organizado pola Asociación Galega de Cervexeiros Artesanos y La ruta del lúpulo coa colaboración do Concello de Nigrán e a cervexeira local Banda/Trisk-Ale, foi presentado esta mañá na Alameda.

"Este festival encaixou especialmente ben en Nigrán porque, aínda sendo de cervexa artesana, está pensado para que o poida gozar un público moi familiar, e ademais o municipio é xa un referente neste eido grazas a Tirskale/Banda, coa fábrica en Porto do Molle", destaca o alcalde, Juan González. Así, todalas noitiñas haberá concertos de grupos de música da comarca (The Liar Papers, El Pelotón de los torpes, Los Mortymer, Theree roosters, Los Pontiaks e Mala Herva) e para maridar coa cervexa estarán presentes nove foodtrucks con diferentes propostas culinarias. A maiores, durante os catro días haberá tamén unha zona de xogos tradicionais e obradoiros infantís.

"Este ano contamos con 90 tipos de cerveza diferentes e destaca a presenza por vez primeira de marcas de gran nivel da comunidade de Madrid e a presenza de cervexas IPA de estilo americano que agora mesmo teñen moito tirón", explica Esteban Loureiro, portavoz da asociación e quen incide en que o obxectivo “é promover o consumo e o coñecemento deste producto artesano". Así, nesta sexta edición, a marca local Banda/Triskale estreará a venda ao público da súa primeria Pilsen sen filtrar e tamén unha tipo radler (con limón) ademais de acudir con toda a súa variedade de producións, entre a que non faltará a cervexa 'Nigrán, equilibrio natural' en botella e en barril.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos