Evento: Oswaldo Digon: Outra movida

Oswaldo Digon: Outra movida
xoves, 11 agosto, 2022 - 11:00
Praza do Concello,
Nigrán

Oswaldo Digon: Outra movida

Espectáculo de humor.

O Concello de Nigrán ofrece este xoves 11 de agosto ás 21:00 horas na Praza do Concello o monólogo 'Outra Movida' do cómico Oswaldo Digón e como parte do programa da Xunta 'Cultura no Camiño'. Trátase dunha recompilación de contos sobre a súa disparatada vida, baseado en feitos reais e aprobado pola comisión de táboas de mareas para piscinas e estanques.Todos os personaxes que saen nas historias do monólogo deste actor de teatro e monologuista “retranqueiro” teñen o nome cambiado para que os poidades identificar facilmente e, tranquilidade, durante a súa creación ningún ser vivo sufriu ningún dano físico ou moral, incluído o propio autor.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A xira do cuarto de século
29 de xuño
Praza do Concello
A xira do cuarto de século
11 de xullo
Espazo Cultural da rúa Camilo José Cela
Os Bolechas e o gran reto
16 de xullo
Patio do CEIP de Pedrouzos
Os Bolechas e o gran reto
18 de xullo
Praza Juan Salgueiro