Evento: Campamento de verán

Campamento de verán
luns, 29 agosto, 2022 a venres, 2 setembro, 2022
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Campamento de verán

Para nenas e nenos de 6 a 12 anos

Co fin de facilitar a conciliación das familias coruñesas, a Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés acolle un campamento de verán.

De luns a venres do 29 de agosto ao 2 de setembro está dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos.

O horario é de 10 a 13:30 horas.

O número de participantes é de 12.

No campamento faranse actividades moi variadas, aínda que ligadas sempre coa lectura, a creatividad e cos diferentes contidos que podemos atopar na biblioteca, como por exemplo crear en equipo micro-relatos, representacións teatrais sinxelas, obradoiros creativos, xogos de pistas bibliófilas, ilustración, realización de mapas singulares, encadernación xaponesa, elaboración de ex libris personalizados etc.

O campamento estará a cargo da empresa: Crearte Servizos Culturais S.L.

Para participar no campamento é necesario inscribirse a través da nosa páxina web. É imprescindible ter carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia cando comece a inscrición. As persoas interesadas poderán inscribirse a partir do día 8 de agosto no seguinte formulario: FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Esta actividade forma parte do Plan Corresponsables, financiado polo Ministerio de Iguadad (Gobierno de España) en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Secretaría Xeral de Igualdade, e está dirixida a familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero ou outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprero de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou calquera outra unidade familiar con necesidades en materia de coidados de nenas e nenos.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Os bolechas no Museo Massó
14 de maio a 31 de agosto
Museo Massó
Campamento de verán: lectura, manualidades, creación
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Recomendacións do club de lectura de cómic
Recomendacións do club de lectura de cómic
1 de xullo a 31 de agosto
Biblioteca Pública de Ourense