Evento: El perdón

El perdón
sábado, 19 novembro, 2022 - 20:00
Teatro Principal de Ourense,
Ourense

El perdón

Espectáculo de danza.

Eu amaba ao meu pai sobre todas as cousas, cun amor animal. Gustábame o seu cheiro, gustábame a súa voz, gustábanme as súas mans, a pulcritude da súa roupa e a meticulosa limpeza do seu corpo. Amábao máis que a Deus. Un día tiven que escoller entre Deus e o meu papá, e escollín ao meu papá. Foi a primeira discusión teolóxica da miña vida e tívena coa irma Josefa, a monxa que nos coidaba a Sol e a min, os irmáns menores. Se pecho os ollos podo ouvir a súa voz recia, grosa, enfrontada á miña voz infantil. Era unha mañá luminosa e estabamos no patio, ao sol, mirando aos colibríes que viñan facer o percorrido das flores. Dun momento a outro a irma díxome:
-   O seu papá vaise a ir ao inferno.
-   ¿Por que? - preguntei eu.
-   Porque non vai a misa.
-   ¿E eu?
-   Vostede vai irse para o ceo, porque reza todas as noites comigo.
Eu que entendo as cousas ben, pero amodo, empecei a imaxinarme todo o día no ceo sen o meu papá, e esa noite, cando ela empezou a entoar oracións, díxenlle:
-   Non vou volver a rezar.
-   ¿Ah non?  rétoume ela.
-   Non. Eu xa non me quero ir para o ceo. A min non me gusta o ceo sen o meu papa. Prefiro irme ao inferno con el.
Poucos anos despois asasinaron o meu pai, nunha rúa de Medellín. E eu entre no inferno.
Pero sen el.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Enleada de enredos
20 de xuño
Biblioteca Pública Municipal de Zas
Unhas maxias rebuldeiras
20 de xuño
Axencia de Lectura Municipal de Baio
"Galicia coa maxia"
21 de xuño
Biblioteca Pública Municipal de Poio
Circo na biblioteca
21 de xuño
Biblioteca Pública Municipal José Saramago de Conxo