Evento: Sacra Festival 2022: Imáxenes Sacras
Sacra Festival 2022: Imáxenes Sacras
Proxecto dirixido aos habitantes dos pobos desintegrados da Ribeira Sacra do Río Miño na provincia de Lugo, especialmente nos municipios pertencentes a Chantada e Saviñao.
Un proxecto que fusiona cultura e transformación social, centrándose nun lugar invisible en risco de despoboamento.
A través dos seus ollos fronte á cámara, utilizando como ferramenta os seus teléfonos móbiles ou cámaras de usar e tirar, realizaremos entre Carlota Pérez, historiadora da arte e xestora cultural, e Vari Caramés, fotógrafa profesional, unha selección das mellores fotografas obras destas 30 persoas que participan no proxecto.
A selección final dará lugar a unha mostra de proxeccións sobre o traballo realizado, tanto dos habitantes da Ribeira Sacra, como da mirada do fotógrafo Vari Caramés.
A exposición irá acompañada da presentación dun libro de fotografías e testemuños das persoas que forman parte do proxecto modelado e editado por David Carballal e en colaboración coa editorial Inoxidable.
Formará parte do proxecto Sacra Forma, para a creación dunha cultura de excelencia no medio rural.