Evento: Maren
Maren
Maren naceu en Bilbao en novembro de 2002 e comezou a escribir as súas primeiras cancións aos 11 anos. Con 14 anos presentou o seu primeiro EP "Alguien sin Verguenza", gravado no estudo 48 Volts de Barcelona, xunto ao produtor catalán John Caballés, no que mesturaba cancións en eúscaro, castelán e inglés. Mudouse a Barcelona para estudar bacharelato musical e un módulo británico de Music Technology.
A pesar da situación actual, nestes meses presentou o seu disco en festivais como Loce Benicàssim, ou Son do Camiño (Santiago de Compostela), Cooltural fest Almería, Cruïlla Barcelona, HaziBerri (Gernika), Xtraordinary nights (Cartaxena), A Praza Santander e outros como Vitoria Eugenia (San Sebastián) ou Campos Elíseos (Bilbao). Na sala Moby Dick de Madrid, na BBK de Bilbao, en Valladolid, en Elxe, en Valencia, en Logroño, en Burgos... en todas esas cidades, levou parte da súa cultura cantando en eúscaro algúns dos seus temas máis persoais, como Bitartean, cunha gran resposta do público non euskaldun. Nos próximos meses seguirá virando xunto ao seu equipo ou en formato acústico en cidades e festivais como Sonorama goes to Eivissa, Lles Arts Valencia, SanSan Benicàssim, Momentos Alhambra Madrid, Erató Fest Toledo...
Máis eventos de tipo Concerto