Evento: É un falar #02 con Uxue Alberdi e Susana Sánchez Aríns: Escribir a voz

É un falar #02 con Uxue Alberdi e Susana Sánchez Aríns: Escribir a voz
mércores, 6 xullo, 2022 - 20:30
Libraría Numax,
Santiago de Compostela

É un falar #02 con Uxue Alberdi e Susana Sánchez Aríns: Escribir a voz

Encontro coa escritora galega Susana Sánchez Aríns.

O diálogo entre Uxue Alberdi e Susana Sánchez Aríns estará centrado nas recollidas de testemuños orais na elaboración de narrativas como La trastienda ou Reverso. Testimonios de mujeres bertsolaris (Alberdi) e Seique (Sánchez Aríns). No caso da autora galega, o propio título Seique ponnos na pista do seu uso do dixomedíxome como unha das capas sobre as que se constrúe a narración, especialmente cando o que se trata son feitos traumáticos. A maneira de abordalos leva a unha mestura de xéneros que está tamén presente nos libros de Alberdi, que poden lerse como novelas pero tamén se achegan á crónica no seu uso de testemuños. Así, ambas autoras reflexionarán sobre  as formas nas que se constrúe o relato histórico e familiar, sobre bertsolarismo, sobre o fácil que é caer na desmemoria e sobre o que facer cando faltan as fontes documentais e os arquivos.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

O MODERNISMO
23 de abril a 4 de xuño
Museo de Belas Artes
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo
1 de abril a 30 de xuño
Museo Liste Vigo
Peza do mes: Instrumentos de medición
1 de maio a 31 de maio
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro "Las voces silenciadas"
15 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal