Evento: Xullo Pop! Garza

Xullo Pop! Garza
sábado, 2 xullo, 2022 - 20:00
Teatro Colón,
A Coruña

Xullo Pop! Garza

Concerto de música electrónica.

Garza é o proxecto de música electrónica formado por Adrián Charlín, músico que tras anos dedicado á batería, sendo membro de bandas do panorama alternativo galego, decide empezar unha viaxe ao mundo da música electrónica como produtor. A súa música combina diferentes estilos, desde o experimental e escuro ata a música de club máis transitable. Os estilos máis recorrentes son o ambient, deep, trip-hop, Idm, etc.

En calquera caso, Garza trata de crear unha música de atmosferas que xogan constantemente coas intensidades.

Outra importante razón de ser do proxecto é o directo: un concerto no que utiliza baterías, teclados e sintetizadores, compoñendo un espectáculo moi atractivo a nivel sonoro e visual, con proxeccións de Xoán Tourís e do propio Garza, incitando á audiencia para mergullarse nunha viaxe de emocións.

Máis eventos de tipo Concerto

Alexander Abreu y Havana D´Primera
17 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Los Straitjackets + Mad Martin Trio
18 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
O rianxeiro
19 de xuño
Pavillón Bernabé Costas
Serán’04. IV Encontro Galego de Cultura Popular
20 de xuño a 22 de xuño
Lugar de la Ciudad de la Cultura