Evento: Xullo Pop! Anxo Araújo
Xullo Pop! Anxo Araújo
Plan de urbanismo para un novo couto mixto é o primeiro traballo de estudo en solitario de Anxo Araújo. O disco parte dunha necesidade persoal convertida en desafío. O proceso de creación ten lugar durante varios meses do ano 2020 no seu estudo de gravación, obtendo como resultado desa introspección dez fermosas cancións que nos inspiran momentos de cambio, de auto afirmación e de reflexión sobre a relativa importancia das cousas. Este novo traballo nace no contexto dunha pandemia. Música feliz para tempos de crises, ou en palabras do propio Anxo «Un saír dos buracos máis profundos con confianza e ilusión. Un reforzo da auto estima. Un aprender a bailar deixando marchar a cólera acumulada. Un mirar cara a cara ao mundo. Unha absoluta liberación».
O disco foi gravado e mesturado no seu estudo Unha Casa Calquera (Poio) e masterizado por Víctor García en Ultramarinos (Costa Brava / Barcelona).
Máis eventos de tipo Concerto