Evento: Concerto benéfico Kris Sieira
Concerto benéfico Kris Sieira
Este sábado 18 de Xuño ás 17H, un feixe de amigas de Kris Sieira xuntarémonos na Sala Rebullón para tentar recadar o máximo de cartos posibles e poder axudala a financiar o tratamento para a súa doenza.
Kris padece unha enfermidade rara, que o Sergas non trata.
O único tratamento posible atópase en Barcelona nunha clínica privada na que xa está ingresada.
Ese tratamento custa un pastizal do copón, e por iso tentamos axudala organizando este evento.
Toda a xente involucrada no evento pedímosvos que colaboredes nesta causa, hoxe é Kris e mañá podes ser ti ou algunha achegada túa.
Investir 10€ non vai ser un gran esforzo para ti e pode axudar enormemente a que Kris poida voltar ter unha vida normal sen ter que hipotecarse.
Por iso apelamos a túa solidariedade.
Máis eventos de tipo Concerto