Evento: Samuel Levi + Los niños Perdidos
Samuel Levi + Los niños Perdidos
Samuel Leví celebra 25 anos sobre os escenarios acompañado por algúns dos seus «nenos perdidos», eses músicos que foi colleitando nas súas viaxes ao longo dos anos. O concerto será gravado en DVD e contará ademais de con un variado elenco de músicos, cun selecto grupo de artistas invitados para a ocasión.
O cantautor vigués Samuel Leví compuxo máis dun centenar de cancións e ofreceu máis de 500 concertos en diversos países. De marcado carácter cosmopolita, viviu en Cuba, Arxentina e Italia, ademais do seu España natal. Cantante, guitarrista e armonicista, foi premiado polo INJUVE en 2009 como o mellor autor novel de cancións de xénero cantautor. No 2015, coa prestixiosa bolsa MAEC-AECID que o converteu no único músico residente a nivel nacional na Real Academia de España en Roma (Italia) ese ano. Ademais, expuxo o seu traballo na Real Academia de Belas Artes de San Fernando en Madrid.