Evento: Driive
Driive
Driive nace en Madrid da man de Alex Gómez (guitarra) que xunto con José (Coke), Estrada (guitarra) e Brian Ambite (voz) deron a coñecerse como Persistence of Vision en 2013, publicado o seu primeiro EP alá por 2014. Tras algúns cambios na formación, en 2015 únense Hoss Ruiz (batería) e Juan Oliveirais (baixo) pasando a adquirir o nome actual de Driive.
En 2017, e xa como Driive, publican o EP Strange is good. Gravado en estudo Brazil, destacan os temas First timer que soou en Capitán Demo de Radio 3 e Jamie, co que chegaron a ser finalistas do concurso de Sons Mans en 2018
No verán de 2018 métense de cheo nos estudos para gravar o que será o seu primeiro LP Hideaway. Publicado a finais dese mesmo ano, tivo boa acollida por parte de crítica, sendo apuntado en distintos medios de «indie» españois relevantes (Radio3, Muzikalia, Benvido aos 90, WegowLive) ademais de ser semifinalistas en Proxecto Demo de 2019, tamén realizaron varias entrevistas e soaron un par de veces en Perdoname si no vuelvo a casa esta noche de Radio 3.