Evento: Festigal 2022

Festigal 2022
domingo, 24 xullo, 2022 a luns, 25 xullo, 2022
Paseo da Alameda,
Santiago de Compostela

Festigal 2022

O Festigal 2022 trae a potencia musical galega das Tanxugueiras, Banda da Loba, Familia Caamagno e Bratzantifa, que actuarán na noite do 24 de xullo no campus sur de Santiago de Compostela. Ademais, no café...

O Festigal 2022 trae a potencia musical galega das Tanxugueiras, Banda da Loba, Familia Caamagno e Bratzantifa, que actuarán na noite do 24 de xullo no campus sur de Santiago de Compostela. Ademais, no café concerto do Día da Patria tocarán Alberto Mvundi, Os John Deeres, Berto e DJ Ferromona.O Festigal quere celebrar, así, 20 anos de historia neste Día da Patria Galega tan especial con grandes concertos de diversos estilos musicais dirixidos a todos os públicos. Con esta traxectoria, o Festigal converteuse nunha gran feira da cultura galega, de entrada libre, que dá a coñecer novas expresións artísticas e creativas para construír conciencia de país. Unha feira de asociacións, postos de artesanía, zona de acampada, oferta gastronómica, librarías, galería das ideas e obradoiros infantís completan a ampla programación que atrae milleiros de persoas a este grande evento.+ INFO
 
PROGRAMA
24 XULLO (concerto)

  • Bratzantifa
  • A Banda da Loba
  • Tanxugueiras
  • Familia Caamagno

25 XULLO (café concerto)

  • Alberto Mvundi
  • Os John Deeres
  • Berto
  • DJ Ferromona

    Máis eventos de tipo Festival

    Barbeira Season Fest 2023
    7 de xuño a 11 de xuño
    Varios espazos