Evento: The Dead South + Elliott Brood

The Dead South + Elliott Brood
martes, 26 abril, 2022 - 21:00
Rúa de San Lourenzo, 51-53,
Santiago de Compostela

The Dead South + Elliott Brood

The Dead South, cuarteto procedente de Regina (Saskatchewan, Canadá), seguen presentando o seu terceiro álbum “Sugar & Joy”, un álbum de  bluegrass para aqueles que pensan que é un xénero que non lles resulta...

The Dead South, cuarteto procedente de Regina (Saskatchewan, Canadá), seguen presentando o seu terceiro álbum “Sugar & Joy”, un álbum de  bluegrass para aqueles que pensan que é un xénero que non lles resultará atractivo. O son de The Dead South é o son do sitio onde naceron, Saskatchewan, unha provincia de Canadá que dobra o tamaño de Alemaña, pero con menos dun millón de residentes. O sorprendente desta historia é o tremendo éxito que segue á banda desde que en 2014 publicaron o seu primeiro vídeo en Youtube.Desde entón, cada unha das súas xiras dobra as cifras da anterior, e xa actuaron en festivais como Glastonbury ou Red Rocks, cun directo frenético que consegue atrapar á audiencia espectáculo a espectáculo, con grandes doses de enerxía e a unha instrumentación traballada a base de violoncelo, mandolina, banjo, guitarra e voces que nos trasladan a multitude de paisaxes sonoras, acústicos ou ruidosos.Ademáis a banda estará de xira por España xunto á banda canadiense Elliott Brood, quen con 15 anos de traxectoria, 6 discos as súa costas e gañadores do prestixioso Juno Award, foron eloxiados polos seus poderosos directos e denominados como os irmáns pequenos de WILCO pola brillante mistura que fan de rock, alt-country e americana, aínda que a súa música recolle influencias de artistas como The Band, Neil Young, Uncle Tupelo ou Dinosaur Jr.17º Delicatessen é un ciclo de concertos especiais a través dos que descubrir a esencia e o espíritu da Ribeira Sacra máis alá do 17º Ribeira Sacra Festival.

Máis eventos de tipo Concerto

O mellor e o peor dos 80 e 90
13 de xullo
Club Fluvial de Begonte
Con iAlma
13 de xullo
Praza do Concello
Gold&Colt
16 de xullo
Rúa dos Viños