Evento: Celebración do 40 aniversario da Asociación Ciudadana de Lucha Contra a Droga- Alborada
Celebración do 40 aniversario da Asociación Ciudadana de Lucha Contra a Droga- Alborada
A Asociación Cidadá de Loita contra a Droga ALBORADA, é unha ONG, declarada de utilidade pública, que desde 1982 traballa nas diversas problemáticas relacionadas coas drogodependencias e outras adiccións, a exclusión social, a problemática penal, a incorporación sociolaboral, a prevención do consumo de drogas, a atención á adolescencia en desprotección social, etc. (ver www.alborada.org).
Por iso, con motivo do 40 aniversario da súa fundación, ACLAD ALBORADA conmemora o 40 aniversario desde a súa fundación cun Festival Benéfico, para lembrar e gozar, conducido por Rubén Riós, coa participación altruísta e solidaria de Antonio Durán ?Morris?, Antón Reixa, Guadi Galego, Ari Magritte, Sons do Abrente de Mos, Carla Lourdes, J.C.A., doutros membros da entidade e moito máis?
O evento terá lugar o 24 de maio de 2022, ás 19.30 horas, no Teatro Afundación (C/Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo) cedido gratuitamente por Afundación, Obra Social de Abanca.
Ao acto acudirá unha ampla representación do tecido social de Vigo e de Galicia, das persoas atendidas, das súas familias, de entidades, de profesionais e colaboradores, así como das Administracións Públicas que financian os programas de Alborada e que posibilitan, por tanto, que a atención que se ofrece desde os seus centros e servizos poida ser universal, gratuíta e de calidade.
Máis eventos de tipo Festival