Evento: O garoto do Ipanema (Florencio D. Gurriarán)
O garoto do Ipanema (Florencio D. Gurriarán)
Cando estamos de festa abrimos unha botella e brindamos. Cando estamos tristes afogamos as nosas penas nunha botella. En botellas gardamos os máis prezados perfumes, os máis perigosos velenos e as máis beneficiosas menciñas.
A vida de Florencio D. Gurriarán estivo moi ligado ás botellas que o acompañaron no seu periplo vital. Dende os viños do seu Valdeorras natal, pasando polas festas e repichochas da súa mocidade… ata a botella na que el e os seus compañeiros de exilio meteron unha mensaxe de despedida para tirala ao mar cando pasaban fronte ás costas galegas camiño a unha nova vida… un novo fogar.
Caxoto recolle a metáfora da botella para darlle forma a esta función de contos onde coñeceremos a vida e obra do poeta. Para iso destaparemos, xogaremos e incluso faremos música coas botellas que marcaron a súa vida. Unha función na que maridar música, contos e os versos do autor homenaxeado co Día das Letras Galegas.
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.