Evento: O Son do Camiño: Editors
O Son do Camiño: Editors
O Son do Camiño: Editors
Concerto do grupo británico de rock alternativo.
Unha compilación de emocións esquecidas.
Editors é un grupo británico de rock alternativo de Birmingham, sen medo ao groove e á luminosidade pop.
A pesar de que o seu selo indie puro e radical fai que sexan comparados con outros grupos como The Cure ou The Smiths, a banda soubo evolucionar e crear o seu propio estilo.
Tras tocar unha gran variedade de xéneros, o grupo decidiu facer o seu primeiro álbum recompilatorio: Black Gold. Best of Editors (2019). Un recordatorio aos bailes enérxicos propiciados por temas como Someone Says ou Munich. Xa se pode palpar a emoción dos máis nostálxicos cantando a pleno pulmón en O Son do Camiño.
Ligazóns