Evento: O Son do Camiño: Jhay Cortez

O Son do Camiño: Jhay Cortez
xoves, 16 xuño, 2022 - 18:15
Monte do Gozo,
Santiago de Compostela

O Son do Camiño: Jhay Cortez

Concerto de música urbana.

Jhay Cortez é unha das grandes revelacións do panorama urbano nos últimos anos. O artista portorriqueño, país dos grandes referentes do xénero, soubo moverse entre xigantes para crecer e destacar entre eles. É un creador de éxitos, ten a clave para caldear o ambiente e facer que estale a festa.

É tal o éxito de Jhayco  que artistas como Bad Bunny, J Balvin, Anuel AA, Ozuna ou Karol G xa quixeron colaborar con el. Non é para menos, xa que no seu haber conta con dous nomeamentos aos Latin Grammy´s e cancións con ata 20 certificacións de platino polas súas vendas.

Jhay Cortez é, en definitiva, un dos pesos pesados do panorama urbano, perderse esta actuación en O Son do Camiño sería un delito.

  • BAD BUNNY x JHAY CORTEZ - DÁKITI (Video Oficial)

Máis eventos de tipo Concerto

Vilablues Fest
15 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto musical a cargo de Francisco Castro
16 de maio
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Concerto do Coro Xuvenil de Lugo
16 de maio
Biblioteca Pública de Lugo
Rebeliom do Inframundo
16 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5