Evento: Mil incendios

Mil incendios
martes, 7 xuño, 2022 - 20:00
Centro Ágora,
A Coruña

Mil incendios

Proxección do documental do cienasta palestino-británico Saeed Taji Farouky.

Na rexión de Magway de Myanmar, un país que alberga unha das industrias petroleiras máis antigas do mundo, viven o matrimonio Thein Shwe e Htwe Tin. Operando un campo petroleiro non regulado, producen un barril cada poucos días. O principal obxectivo dos nosos protagonistas é que os seus fillos teñan unha vida mellor. É unha familia moi unida: dous fillos adolescentes viven con eles, e a filla maior está de visita coa súa filla pequena, e con todo, céntranse no seu fillo maior, Zin Ko Aung; que non quere seguir coa extracción de petróleo e todo o que conleva. Prefire xogar ao fútbol, e eles confían no seu talento. 

A longametraxe documental que se presenta nesta ocasión é un retrato dunha familia en plena transformación, así como unha historia de conflito e compromiso interxeracional.

  • A Thousand Fires (Documentary) Trailer (2021)

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Sinais. Programa 1.
3 de xuño
Filmoteca de Galicia
Unha aproximación ao volcán
3 de xuño
Filmoteca de Galicia
Betzy Bromberg. Programa 1.
4 de xuño
Filmoteca de Galicia
Jeannette Muñoz. Programa 1.
5 de xuño
Filmoteca de Galicia