Evento: Age of Iron
Age of Iron
Age of Iron leva aos espectadores de viaxe por Asia nunha crítica poética do capitalismo mundial, diseccionando polo camiño os subprodutos inherentes ao sistema: a explotación das masas nos países en vías de desenvolvemento do Sur e a alienación das masas nos países acomodados do Norte.
No Xapón, unha parella de traballadores estresados xa non ten sexo. En Birmania, os bosques ancestrais convertíronse agora en plantacións de caucho. En Camboxa, Cristo ondula sobre un lago que desaparece. Na China Occidental, os uigures están a ser colonizados. En Mongolia, o deserto de Gobi esténdese mentres o destrúen para extraer carbón. En Bangladesh esquécense de Tagore. Na Asia central, os ríos sécanse. En Afganistán, a guerra non remata nunca. Na India, Buda morreu. ¿Están conectados os males da Idade do Ferro? ¿Existe unha saída? ¿Onde se atopa o Reino da Esperanza? ¿Nun pesadelo ou nun soño?